¿Que é o Posicionamento SEO?

O posicionamento natural, tamén coñecido como SEO (Search Engine Optimization), engloba un conxunto de técnicas e estratexias que permiten optimizar un sitio web para que este sexa amosado por determinadas palabras chave de procura nas listas de resultados dos buscadores.

O proceso para aplicar estas técnicas de optimización correctamente é bastante complexo e os resultados serán visibles a medio ou longo prazo; pero realmente merece a pena, pois a través deste servizo permitiremos aumentar o tráfico de usuarios que chega cara ao sitio web dos nosos clientes.

¿Como lle pode axudar a nosa empresa?

Realizamos unha auditoría e consultoría Web completa, tendo en conta aspectos técnicos e non tan técnicos que son imprescindibles para que a SEO (On-Page), o que se realiza sobre a propia páxina, sexa efectivo.

Análise do sitio web. Neste apartado inclúense o estudo e as melloras na estrutura de navegación, estrutura dos contidos, Meta Tags (Títulos, descricións e palabras chave), etiquetas de encabezado, redireccións para evitar o contido duplicado, optimización de imaxes e vídeos.

Crear unha estrutura adecuada de ligazóns internas, facilitando a navegabilidade de usuarios visitantes e a indexación de todas as páxinas que compoñen o sitio web mediante a creación de arquivos como sitemap.xml e robots.txt

Estudo de todas as ligazóns entrantes cara ao sitio web dos nosos clientes, identificando a súa popularidade e calidade coa finalidade de facer unha análise exhaustiva da competencia na rede.

Identificación das palabras chave máis relevantes para o negocio ou actividade que se está tratando, usando as ferramentas para a investigación de Keywords máis sofisticadas do mercado. Un uso correcto de palabras chave en ligazóns, Meta Tags, etc. permitirá aos nosos clientes ser amosados nos resultados das procuras.

Validacións do estándar W3C, das follas de estilo CSS e código HTML.

Evitar o uso de estruturas con repercusión negativa no posicionamento natural.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información