Xolda Diseño SLL é unha empresa creada no ano 1999, na provincia galega de Ourense. O noso principal ámbito de actuación son empresas da nosa comunidade, aínda que polo tipo de traballos que realizamos non temos limitacións xeográficas.

Adicámonos principalmente á creación, mantemento e posicionamento de páxinas web de todo tipo, dende páxinas presenciais a tendas virtuais. Ademáis creamos solucións de software baseadas en tecnoloxía web e traballos de deseño gráfico como poden ser logotipos, imaxes corporativas ou papelería en xeral.

Dende os nosos comenzos asociamonos con outras empresas do sector da informática e publicidade para realizar colaboracións e poder participar en grandes campañas, ou asistir en parte do proceso de creación de sistemas web de outros deseñadores coa función de maquetación e programación.

Somos unha empresa dinámica que se vai adaptando ós tempos e as novas bases tecnolóxicas que van xurdindo, os nosos traballos estan pensados para poder funcionar prácticamente en calquera dispositivo con acceso a internet, dende un pc a un móbil pasando por tablets.

Se precisa crear unha páxina web, un deseño, darlle unha nova imaxe á sua empresa, un programa de facturación on-line, unha tenda virtual, se pertence a unha empresa de deseño e necesita programadores, se é unha de informática e precisa engadir o noso tipo de servicios, contacte con nosco, seguro que podemos ser a sua solución.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información